O mes de maio, resultou unha viaxe chea de ilusión e esforzos por achegar o noso proxecto: "O patio que soñaMOS" á toda á nosa comunidade educativa. Como explicamos aquí, durante o mes de abril preparámonos para presentar o traballo resultante da confección das maquetas as nosas familias, nunha exposición na que tamén realizamos unha labor de enquisa acerca do proxecto e doutras cuestións relativas ó xogo tecnolóxico e ó xogo ó aire libre, que nos axudarán para seguir avanzando nun traballo organizado da convivencia pacífica no centro.
E a continuación, embarcámonos nun duro traballo de preparación dunha proposta de colaboración coa alcaldía de Mos. No Club de Convivecia eliximos a uns representantes que organizaron unha
presentación a modo do síntese para o Concello de Mos. Ademais,
elaborouse un presuposto que resumiu todos os gastos do proxecto final
para pedir á alcaldesa Nidia Arévalo á colaboración do concello.
Tamén se lle presentou un plano co producto final, un deseño do
estudante de arquitectura Pablo Ledo Pérez que oídas as nosas propostas
recollidas do traballo de todo o curso escolar, plasmou nun proxecto
axustado ás nosas necesidades, O auténtico patio que soñaMOS.
O venres 25 de maio, fixemos á visita ó Concello de Mos, onde nos
recibiu a alcaldesa e varios concelleiros. Expuxemos as nosas ideas de
cambio, o noso traballo, enquisas, documentos, material audiovisual,
presuposto, etc.
A alcaldesa comprometeuse de inmediato co proxecto e valorou moi positivamente o traballo do colexio.
Esta visita tivo unha reprecusión mediática en Internet e Redes Sociais, ademáis de medios de comunicación como Son do Louro, que nos ofrecía o titular:
O Colexio Castro-Mos deseña “O patio que soñamos".
E o Faro de Vigo, que nos ofrecía estoutro:
El patio con el que sueñan en Mos.
Cada vez máis cerca de que os soños se fagan realidade...
No hay comentarios:
Publicar un comentario