Así era o noso patio.

Esta historia comeza cunha cor diferenciada, cun matiz expreso, cunha tonalidade homoxénea e monótona, o gris.

Pero non soamente gris polo espazo, pola xeografía e pola paisaxe puramente visual que nos envolve, senón tamén polo gris das nosas relacións nos tempos de lecer. Conflictos e falta de habilidades sociais para arranxalos, problemas, discusións e toda unha serie de malestares xerais que teñen un denominador común, o noso patio.

O pasado curso, 2016/17, adicamos o ano escolar ó traballo da educación emocional e das habilidades sociais, convencidos de que este tipo de medidas contribuirían a unha mellora do clima no centro. Acadamos este obxectivo claramente no relacionado coas aulas e co centro, sen embargo, non tivemos en conta que unha escola é un cúmulo de situacións sociais que van mudando de espazo xeográfico e non todos os espazos son armoniosos. Desde xeito, o traballo da convivencia escolar cobrou unha grande importancia e o redeseño do patio, nunha necesidade.

Como xa advertimos aquí, temos en grande consideración a importancia dos tempos de lecer como fonte xeradora de conflictos, e sen considerar o conflicto en sí como algo negativo senón como unha fonte de mellora, trazamos un novo deseño para convertir o gris nunha tonalidade multicolor.

Así é o noso patio, antes de traer a cor á nosa vida escolar...




















No hay comentarios:

Publicar un comentario