Así foi o proceso de cambio


O proceso de cambio é a fase máis longa e na que máis esforzos levamos invertidos, pois tiñamos a convicción de que era un proceso que debía estar guiado polos cativos de modo cooperativo, por encima das decisións singulares por máis atractivas que resultaran. Deste xeito, producíronse unha serie de accións que nos foron levando pouco a pouco a novo deseño do Patio que soñaMOS.

Valoración de necesidades.


Comezamos ó proxecto "O patio que soñaMOS" cunha valoración das nosas necesidades que daban resposta á continuación do traballo no anterior curso escolar en materia de educación emocional. Concluimos na necesidade de transformar os abientes escolares nun proceso de cambio no que nós mesmos xa mudaramos. Este proceso que comezara cunha transformación persoal do alumnado e do profesorado e que continúa cun cambio dos espazos comúns do centro.

 

Presentación do proxecto. 


Presentamos o proxecto coma é de costume no noso centro escolar na primeira festividade do ano, o Samaín, como un preludio do evento cultural que se iniciaba. Pedimos as diferentes clases do centro que resumiran nunha palabra como querían que fose o noso patio en forma de accións.





Actividades previas. 


Creamos unha serie de actividades de toma de conciencia do patio, para analizar a súa morfoloxía e para prepararnos para este cambio. Podes consultalas na nosa páxina web ou pinchando aquí.

Creación do Club de Convivencia.


Conscientes da dificultade que un proxecto desta envergadura ten para conseguir a coordinación de todos os membros da escola, creamos o Club de Convivencia. O club é un organismo do centro que está formado por un representante de cada clase, os alumnos mediadores, os alumnos que exercen a función de árbitros nos partidos de fútbol do recreo e o alumnado encargado da orde nas entradas e saídas. O alumnado representante de cada clase encargouse durante todo o curso de trasladar a información manexada nas reunións do Club de Convivencia ás súas aulas e tamén tiveron funcións importantes na valoración de maquetas.

Formación de profesorado.


O profesorado do centro formouse en materia de patios dinámicos, redeseño de patios escolares e inclusión educativa. Podes ver toda a información aquí.


Formación do alumnado.


O alumnado de 5º e 6º curso voluntario para traballar como mediador escolar, formouse en materia de resolución de conflictos e mediación por parte da nosa orientadora Isaura Cacheda.


Enquisas.


Paralelamente ó traballo de formación, realizáronse enquisas sobre gustos e preferencias sobre intereses realativos ó patio escolar a alumnado, profesorado e familias en coordinación co Equipo de Dinamización de Biblioteca. Podes ver os resultados aquí.

Reflexión sobre os resultados das enquisas.


Chegou o momento de reflexionar sobre a viabilidade das propostas, sobre a funcionalidade, sobre os gustos maioritarios, sobre que estas foran inclusivas e coeducativas, sobre moitos aspectos que nos achegasen dun modo o máis respetuoso posible coa maioría ao patio que soñaMOS.

Deseño de patios.

Con esta reflexión, comezou o proceso do redeseño do patio. Con total libertade de estratexia e de agrupamento, algunhas clases en solitario e outras traballando en grupo, creáronse unha serie de actividades cun fin común, construir unha maqueta para presentar ó colexio. Nesta maqueta estarían materializados os soños dos nosos nenos.

De pronto, as clases de matemáticas transformáronse en talleres de arquitectura onde as unidades de medida se estudaban no patio dun xeito experiencial; as clases de lingua traballaban o vocabulario do patio, dos xogos, da tradición popular no tempo de lecer; as festividades eran unha excusa para falar dun patio más unido e dunha convivencia pacífica e inclusiva; etc.





Confección de maquetas.


Chegou o momento de confección das maquetas onde os nenos sacaron o seu lado máis creativo para lograr deseños coma estes:































Presentación de propostas.


O traballo creativo viu acompañado dunha presentación para todo o colexio no que cada clase ou agrupamento defendía o seu deseño dun xeito moi profesional. O noso alumnado traballou a competencia lingüística coas súas presentacións orais que en moitas ocasións estiveros acompañadas de presentación en Power Point. Explicaron aos seus compañeiros a viabilidade das súas propostas, o manexo da inclusión, a coperatividade, etc.




As presentación foron avaliadas polo Club de Convivencia no que cada representante actuou como xuíz ou xuíza do proceso creativo global de cada agrupamento.



Despois de cada presentación, o xurado tiña uns minutos para obervar cada proposta e cubrir unha rúbrica de avaliación que eles mesmos deseñaron nas sesións do Club de Convivencia.


Do resultado destas rúbricas, creouse o proxecto definitivo.

Trascendencia á comunidades educativa. 


Mentres tanto, e para que este proxecto non quedara no centro escolar, tomamos actuacións para presentalo a toda a comunidade educativa. 

Creamos unha exposición coas familias para que coñeceran o traballo dos seus fillos e fillas nunha xornada de portas abertas para todo o que quixera achegarse. Deste xeito, coñeceron máis amplamente o traballo realizado e abrimos ás nosas portas para que este proxecto fose todavía máis cooperativo.

Neste acto realizouse a presentación de dúas creacións audiovisuais sobre o desenvolvemento do proxecto e sobre a mediación escolar.




Preparación da visita ó Concello de Mos e proposta final. 

A continuación, embarcámonos nun duro traballo de preparación dunha proposta de colaboración coa alcaldía de Mos. 

No Club de Convivecia eliximos a uns representantes que organizaron unha presentación a modo do síntese para o Concello de Mos. Ademais, elaborouse un presuposto que resumiu todos os gastos do proxecto final para pedir á alcaldesa Nidia Arévalo á colaboración do concello.

Tamén se lle presentou un plano co producto final, un deseño do estudante de arquitectura Pablo Ledo Pérez que oídas as nosas propostas recollidas do traballo de todo o curso escolar, plasmou nun proxecto axustado ás nosas necesidades, O auténtico patio que soñaMOS



Visita ó Concello de Mos.

O venres 25 de maio, fixemos á visita ó Concello de Mos, onde nos recibiu a alcaldesa e varios concelleiros. Expuxemos as nosas ideas de cambio, o noso traballo, enquisas, documentos, material audiovisual, presuposto, etc.

A alcaldesa comprometeuse de inmediato co proxecto e valorou moi positivamente o traballo do colexio. 


Esta visita tivo unha reprecusión mediática en Internet e Redes Sociais, ademáis de medios de comunicación como Son do Louro, que nos ofrecía o titular:

O Colexio Castro-Mos deseña “O patio que soñamos".


E o Faro de Vigo, que  nos ofrecía estoutro:

El patio con el que sueñan en Mos.



Visita da alcandesa ó colexio.

O 29 de maio, a alcaldesa, Nidia Arévalo e o concelleiro de educación, Camilo Augusto; acudiron á centro para ver as maquetas dos nenos e nenas do centro e para chegar a acordos no relativo ó deseño do patio.

Conquerimos nunha temporalización en tres partes:

1. Un primeiro plazo ata o remate do curso.
2. Un segundo plazo en setembro, co inicio do curso vindeiro.
3. E un terceiro plazo para cumplir con todos os obxectivos do Patio que soñaMOS en decembro.

Producto final.

Seguimos a traballar en tempo real...



No hay comentarios:

Publicar un comentario