Comezan os Patios Colectivos

O pasado venres 2 de novembro e coincidindo coa festividade do Samaín no CEIP Mestre Martínez Alonso, inauguramos un novo modelo de facer educación no tempo de lecer dos nenos e das nenas do noso centro. Inauguramos os Patios Colectivos, un estilo de recreo que se axusta ás novas demandas dos nosos cativos e que fomenta a inclusión educativa e a convivencia pacífica. Pero antes de entrar en detalle, presentamos o produto final neste vídeo:




¿Qué son os Patios Colectivos?


Os Patios Colectivos son unha iniciativa do CEIP Mestre Martínez Alonso para promover un xogo de calidade nos tenpos de lecer do noso centro. Dende uns oito anos atrás, fomos promotores de empregar o xogo popular e tradicional en actividades festivas tales coma o Magosto, de xeito que o noso alumnado fora quen de coñecer outros tipos de actividades lúdicas. Coma é característico no noso centro, contamos coa axuda do alumnado de maior idade (5º e 6º de Educación Primaria) para promover a autonomía, a responsabilidade e o protagonismo entre os nosos nenos. Deste xeito, este alumnado traballaba coma guía no proceso de xogo e tamén tomaba o papel de árbitro nos xogos con máis normas.

A formación recibida o ano pasado en materia de patios dinámicos, a teoría de Gey Lagar, deunos un empuxe para deseñar o modelo de xogo que máis se axustara á nosa ideoloxía de centro.


Patios colectivos é:
  • Dar opcións ó noso alumnado que vaian máis aló de xogar ó fútbol ou correr sen sentido no patio de recreo.
  • Rescatar xogos da nosa tradición e cultura.
  • Incluír ó noso alumnado máis diverso, ou ben darlle protagonismo coma figura de responsabilidade.
  • Organizar os recreos pensando na redución dos conflictos, empresa que xa iniciaramos dende o noso programa de mediación escolar.

Patios colectivos non é:
  • Xogar a outras cousas porque está de moda.
  • Acabar co fútbol.
  • Mandar nos nenos.
  • Facer o xogo dirixido sen opcións para o xogo libre.

Cómo o facemos.


Cada xoves, o recreo no CEIP Mestre Martínez Alonso transfórmase e o primeiro cambio que sofre é a ausencia de balóns ou pelotas de calquera tipo. Quedan prohibidos todo tipo de xogos e deportes con balóns e anímase ó alumnado para que se apunte ós diferentes xogos programados.

Durante este primeiro mes de novembro os xogos nos que o alumnado pode participar son:

  • Encesta castaña e A castaña no vaso. Ambos son dous xogos do grupo de actividades que temos programadas para o Magosto no centro. Son explicados por dúas parellas de nenos de 5º curso que ademáis axudan a determinar os gañadores en cada partida e sinalan infraccións ou faios de forma. 

  • O brilé.
 Que queda anulado en caso de choiva e tamén responde ás explicacións dunha parella de árbitros.

  • A comba.
Que este venres estivo organizada por unha das mestras guía. Xógase cantando unha canción na que se fai especial interese ca coeducación e a transmisión de valores positivos.

  • O pilla pilla dos "Increíbles".
Xogo especialmente deseñado para o noso alumnado TEA e no que xogan todos. Colocamos dúas zonas de guaridas de "Increíbles" e "Villanos", portando antifaces distintivos segundo o caso.





Ademáis ofertamos unha zona de xogo de mesa, para os nenos que decidan apuntarse previamente e en colaboración co noso Club de Convivencia.


Durante os Patios Colectivos ademáis dos mestres de garda están traballando tres Profes Guía, mestres que xogan e coordinan para que todo esté ben organizado.






As Profes Guía portan un chaleco co distintivo do proxecto para poder recoñecelas e traballan co material de Patios e parques dinámicos para facer os xogos máis accesibles ó alumnado diverso. Ademáis, os diferentes xogos están sinalizados mediante pictogramas e foron traballados previamente nas aulas con alumnadoque así o precisou.

Se estás interesado en empregar este tipo de actividades no teu centro, animámoste a que te quedes no noso blog O patio que soñamos e investigues. 

2 comentarios:

  1. Me encanta!!!!sois estupendos. Me encanta que mis hijos tenga esas opciones de juego tan maravillosos de los que yo tanto disfruté cuando era niña.
    Mi cole mola!!!!!gracias por vuestro esfuerzo. Sería mucho más fácil quedarse tomando un café en la sala de profes, como se nota cuando a un equipo de docentes les gusta sus trabajo. Bravoooooo!!!!yo me ofrezco voluntaria, ya lo sabéis

    ResponderEliminar
  2. Muy buen trabajo! Esto sí que es EDUCACION. Gracias!

    ResponderEliminar